Sala destinada á irradiación controlada de detectores, sensores, compoñentes e materiais con raios X de baixa enerxía. Permite calibrar e caracterizar a resposta de detectores (gasosos, semicondutores, centelleadores) a fotóns X, realizar estudos de fluorescencia de raios X e ensaios de irradiación, incluídas montaxes en baleiro.
Tubo de raios X miniatura Amptek Mini-X2 con ánodo de rodio (Rh) e controlador: 50 kV / 10 W nominais (limitado a 30 kV / 10 W), con opción para traballo en baleiro.
Servizos asociados
Irradiación con raios X de detectores, sensores, compoñentes electrónicos e materiais
Calibración en enerxía e estudo da resposta, ganancia e uniformidade de detectores de radiación
Excitación para estudos de fluorescencia de raios X (XRF).
Deseño de montaxes de irradiación, incluídos ensaios en baleiro.