Base de datos Buscar
IGFAE
Intranet
Instituto Galego de Física de Altas Enerxías

Laboratorio de Desenvolvemento de Detectores

Laboratorio dedicado ao deseño, construción e caracterización de detectores de radiación e partículas (detectores gasosos, centelleadores e sistemas de fotodetección). Integra capacidades de imaxe óptica en condicións de moi baixa luz con resolución de fotóns individuais, caracterización espectral de fotodetectores e materiais centelleadores, e control de estanquidade de cámaras e sistemas de gas e baleiro mediante detección de fugas de helio de alta sensibilidade.

Equipamento

Cámara científica qCMOS Hamamatsu ORCA-Quest 2 (interface CoaXPress), con ruído de lectura sub-electrón e capacidade de resolución do número de fotóns

Detector de fugas de helio Pfeiffer Vacuum ASM 340 (versión seca), para a localización e cuantificación de fugas en sistemas de baleiro e gas

Lámpada de calibración de tungsteno (250–2500 nm) para a calibración espectral do monocromador do laboratorio

Servizos asociados

Deseño, construción e proba de prototipos de detectores de radiación (gasosos, centelleadores, fotodetectores).

Imaxe óptica de baixo nivel de luz e contaxe de fotóns: lectura óptica de detectores, centelleo e luminiscencia.

Caracterización espectral de fontes de luz, fotodetectores e materiais centelleadores ou ópticos con monocromador calibrado.

Ensaios de estanquidade e detección de fugas de helio en cámaras de baleiro, recipientes e sistemas de gas.

Asesoramento científico-técnico en tecnoloxías de detección de radiación