Sala limpa de 120 m², ISO 7, deseñada para a montaxe, integración e proba de detectores e compoñentes sensibles á contaminación por partículas, en condicións ambientais controladas. Proporciona un contorno adecuado para a ensamblaxe de precisión de sensores, módulos electrónicos e sistemas de detección para experimentos internacionais.
Máquina de microsoldadura automática por ultrasóns Delvotec, modelo M17S, para traballar preferentemente con fío de Al de diámetro estándar de 25 micras utilizando a técnica de 'wedge bonding'
Máquina de microsoldadura semiautomática por ultrasóns, modelo MP iBond 5000 dual. Soldadura mediante as técnicas de ball e 'wedge bonding', preferentemente con fíos de Al e Au de 25 micras
Pull tester, modelo DAGE 300, para o control da calidade das microsoldaduras.
Microscopio motorizado Leica M205A, para inspección e control de calidade. Equipado con software de metroloxía e reconstrución tridimensional
Servizos asociados
Montaxe e integración de detectores, sensores e módulos electrónicos en ambiente controlado
Ensamblaxe de precisión e manipulación de compoñentes sensibles á contaminación
Probas e verificación de compoñentes en contorno limpo
Formación de usuarios en protocolos de traballo en sala limpa