Base de datos Buscar
IGFAE
Intranet
Instituto Galego de Física de Altas Enerxías

Laboratorio de Semicondutores e Baleiro

Laboratorio orientado á caracterización eléctrica de dispositivos e sensores semicondutores, en particular sensores para a detección de radiación e partículas, e á realización de ensaios en condicións de ultra alto baleiro. Dispón dun analizador de parámetros de semicondutores de altas prestacións e dun sistema de baleiro a medida que permite estudar dispositivos e materiais en contornos de baleiro controlados.

Equipamento

Analizador de parámetros de semicondutores Keithley 4200A-SCS (software Clarius), equipado con 2 unidades fonte-medida (SMU) de potencia media 4200-SMU (±210 V, ±100 mA)

Sistema de ultra alto baleiro (UHV): cámara de baleiro a medida de aprox. 10 L con tapa e portos, bomba primaria, bomba turbomolecular, bomba iónica (100 L) con controlador e bastidor de perfilería tipo Bosch con taboleiros

Servizos asociados

Medidas corrente-tensión (I-V) de dispositivos semicondutores: díodos, transistores, sensores de silicio e outros dispositivos

Caracterización de correntes de fuga e tensións de ruptura de sensores de radiación

Extracción de parámetros eléctricos de dispositivos e materiais semicondutores

Ensaios de compoñentes e dispositivos en ultra alto baleiro

Asesoramento no deseño de montaxes experimentais de baleiro